_O día 11 de maio o colectivo Arou promove unha xornada
de convivencia aberta a autores dos diferentes ámbitos das artes
plásticas, a danza, o teatro e a literatura, que terá como marco o Museo
do Pobo Galego e os xardíns de Bonaval. As salas e claustro desta
institución así como o parque que a rodea preténdense converter en ágora
alternativa de creación para artistas e escritores que dende as 11 da
mañá ata as sete da tarde reivindicarán coa súa presenza, e nestes
momentos tan difíciles para a cultura, o seu compromiso coa mesma.
Os autores que desexen participar poderán facelo, creando "in_situ", debuxando, pintando escribindo… nas súas salas e adro, entre as pezas do museo nunha interacción directa cos fondos ou ben ao aire libre nunha harmónica relación coa cor e a luz da natureza.
_y de regalo, unas fotos de _BonAVal_
![]() |
#Escaleras_al_cielo_01# |
![]() |
#Escaleras_al_cielo_02# |
![]() |
#Ciel-o_00# |
No hay comentarios:
Publicar un comentario