miércoles, 27 de noviembre de 2013

De ir por Oursense, participo.

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=7889&Itemid=5

O centro acolle ata o 19 de decembro a mostra 'En que estado quedarán?'

O libro como obxecto de arte déixase ver na Biblioteca

Dez creadores expoñen os seus gravados froito dun traballo colectivo

ImageOs libros son os grandes protagonistas de calquera biblioteca, o seu ben máis prezado. Desde o pasado 21 de novembro, na entrada da Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense pódese ver unha exposición de libros que son tamén auténticas xoias aínda que doutro xeito. Son “libros de artistas”, pezas elaboradas a través dun singular proceso creativo entre varias persoas e que xuntas forman a exposición En que estado quedarán?. Nela, pódese ver o traballo realizado por Manoel Bonabal, Julia Pintao, Carmen Cierto, Begoña Pastoriza, Teresa Pedroso, Renata Carneiro, Paz Vicente, Ceu Costa, Inma Doval e Miriam Rodrigues.
Rosa Tedín | Ourense
Os libros son os grandes protagonistas de calquera biblioteca, o seu ben máis prezado. Desde o pasado 21 de novembro, na entrada da Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense pódese ver unha exposición de libros que son tamén auténticas xoias aínda que doutro xeito. Son “libros de artistas”, pezas elaboradas a través dun singular proceso creativo entre varias persoas e que xuntas forman a exposición En que estado quedarán?. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer estas obras únicas ao mesmo tempo que se dinamiza a actividade no centro ourensán.

A mostra, organizada coa colaboración da Vicerreitoría do campus, estará situada na entrada da Biblioteca Rosalía de Castro ata o vindeiro 19 de decembro. Nela, pódese ver o traballo realizado por Manoel Bonabal, Julia Pintao, Carmen Cierto, Begoña Pastoriza, Teresa Pedroso, Renata Carneiro, Paz Vicente, Ceu Costa, Inma Doval e Miriam Rodrigues. A eles e elas, as asociacións de gravado portuguesas Matriz e Inkprint convidáronnos a participar na creación individual dun “libro de artista” a partir de probas de gravado, libro que despois foi intervido por cada un dos implicados nesta proposta artística.

Proceso creativo colectivo

Segundo explican os promotores da iniciativa, durante o proceso cada un dos artistas, a partir das probas de estado de gravado, realizou o seu libro, con liberdade de formatos e técnica. Unha vez finalizado enviouno a outro ou outra artista para que deixese a súa impronta pintando, estampando, pegando ou incluso rachando parte de calquera das obras. As pezas foron seguindo a cadea e pasando por todas as mans, por todos os artistas implicados, ata que se pechou o seu ciclo e se rematou a peza. Deste xeito, cada "libro de artista" pasou a ser unha creación colectiva pero conservando a pegada dos dez creadores.

As persoas interesadas en ver as pezas resultantes desta orixinal proposta artística poden achegarse en horario de mañá ou tarde á Biblioteca Rosalía de Castro. Alí poderán ver, ademais das obras realizadas, unha vitrina na que se expoñen os materiais base e utensilios empregados polos creadores para a realización dos gravados. Co esta exposición en Ourense, a iniciativa continúa o seu periplo por diferentes espazos, despois de ter visitado as outras universidades galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario